O Mercado da Estrela convida a agasallar artesanía galega este Nadal
A feira, que pecha esta tarde en Santiago de Compostela, reuniu máis dun cento de expositores
Artesáns e creadores atopan neste evento un lugar de promoción que visitan miles de persoas cada ano
Naceu hai máis dunha década co obxectivo de por en valor o talento galego. Hoxe o Mercado da Estrela é unha feira consolidada do Nadal en Compostela.
"Cada ano medra máis, vemos que hai unha aposta polo público de agardar e vir a comprar os agasallos do Nadal e iso é o que nos enche de ledicia. Xa se superaron as cifras de visitas dos anos anteriores, di a directora do mercado", di Mónica Meijas.
"Tes de todo, xoiería, cousas feitas á man, roupa, láminas preciosas, cerámica é unha pasada este sitio".
Son algunhas das alternativas de agasallos que nos propoñen este Nadal.
"Hai que apoiar á xente que fai as cousas de xeito artesanal e ademáis galego", di un home.
En espazos singulares da cidade, coma o claustro de San Martiño Pinario, máis dun cento de artesáns e creadores presentan e ofrecen os seus produtos.
"O feito de que todos estes deseñadores, ilustradores, creadores e marcas galegas estean presentes no mercado fai que a xente os coñeza e lles siga facendo encargas no Nadal e durante o ano. Esa fiestra de visibilidade tamén é importante", di Mónica Meijas.