Publicador de contidos

Publicador de contidos

O oficio artesán acibecheiro corre o risco de desaparecer

O oficio artesán acibecheiro corre o risco de desaparecer

Ricardo Rivas, o último artesán da rúa da Acibecharía da zona vella de Santiago

Un oficio que corre o risco de desaparecer sen formación específica e sen remuda xeracional

 

G24.gal 14/02/2022 21:28

Moitos oficios artesáns corren o risco de desaparecer se non hai remuda xeracional. É o caso dos acibecheiros en Santiago, un traballo que foi dos máis relevantes durante a época medieval. 

Ricardo Rivas, o último acibecheiro da zona vella de Santiago, da rúa da Acibechería. Un oficio vencellado de sempre ao Camiño de Santiago porque esta pedra negra é talismán dos peregrinos. Queremos poñer en valor esta artesanía e todo o coñecemento que hai detrás, todo un valor de país que podería desaparecer.

Ricardo leva medio século traballando o acibeche neste taller da zona vella compostelá. Algo que aprendeu desde pequeno porque seu pai e seu tío tamén foron do gremio. Agora, o seu fillo, formado en xoiería na Escola de Artes, podería continuar un negocio que parece caer no esquecemento. 

"A catedral fixo a cidade de Santiago, pero nós tamén axudamos co noso gremio a contrución, desde o rito, tradición e a cultura, iso está pouco explicado e vendido, de feito non hai un museo da ourivería coa de xente que se moveu, nin do acibeche", cóntanos Ricardo Rivas. Acibecheiro. 

Os acibecheiros conformaron un dos gremios más importantes durante a Idade Media en Santiago, unha historia pouco coñecida pero que foi un dos motores económicos da cidade.

"A impronta da pegada socioeconómica, proba diso son as rúas co seu nome, arquivos das transacións comerciais, as dotes que se entregaban, os contratos de aprendizaxe, unha historia moi bonita", explicaba Ricardo Rivas. 

Os artesáns piden vencellalo ao turismo, como se fai co cristal de Murano e con outros materiais, para crear visitas guiadas, actividades ou obradoiros. Un oficio que corre o risco de desaparecer sen formación específica e sen remuda xeracional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade