Publicador de contidos

Publicador de contidos

A tradicional técnica do esgrafiado xa é Patrimonio Cultural de Galicia

A tradicional técnica do esgrafiado xa é Patrimonio Cultural de Galicia

Esta técnica construtiva ancestral xeneralizouse no século XIX e principios do século XX nas paredes e fachadas das casas tradicionais galegas

Esgrafiado en Castro Caldelas
G24.gal 25/01/2025 13:30

Coñecen o esgrafiado galego? Seguro que o teñen visto en moitas fachadas das casas en Galicia. O esgrafiado é unha técnica tradicional de albanelería para decorar os muros de cal e evitar humidades, e, pola súa complexidade, está en perigo.

Para conservalo e poñelo en valor a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta acaba de incluílo na listaxe de ben materiais protexidos. Na vila ourensá de Castro Caldelas hai bos exemplos do esgrafiado, algúns son pezas únicas e de gran beleza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade