O Tour dos 40 anos de Mario Bros chegou a Vilagarcía
Durante esta fin de semana, todos os que queiran poden achegarse para xogar, de maneira gratuíta, aos seus videoxogos máis icónicos
O evento celébrase nas carpas situadas diante do Auditorio Municipal de Vilagarcía desde as seis da tarde
Mario Bros fixo 40 anos. Naceu no Xapón e o tempo parece que non pasa por el. Segue a ter millóns de afeccionados en todo o mundo. De aí que mereza un tour, que chegou esta fin de semana a Vilagarcía de Arousa.
"É totalmente gratuíto, só hai que vir, xogar e pasalo ben, e recomendamos que poidan vir núcleos familiares", di Jesús Mercader, responsable da Xira Nintendo 2026.
"Está pensado para toda a familia, mentres a xente o pase ben, para nós é todo un éxito", engade Sergi Martín, speaker do evento.
Este tour conta con outros persoanxes do universo Nintedo. Ofrece minixogos ideais para xogar en grupo ou en solitario.
"Somos afeccionados a Mario, sempre nos gustou o tema de Nintendo; como aos nenos tamén lles comeza a gustar o Mario e como era o 40 aniversario, pois dixemos imos pasar un anaco entretido pola tarde", di un pai participante.
Tamén serve para introducir a novos afeccionados
"Non teño e nunca xoguei", comenta unha nena.
Mario Bros compite con Mickey Mouse como unha das figuras de ficción máis coñecidas do mundo.
"Son xogos que marcaron unha infancia moi agradecida para min. Os meus fillos puxeron camisetass de Super Mario", di un afeccionado de Mario Bros desde cativo.
E é desde logo o superfontaneiro máis famoso do mundo, un personaxe de videoxogos que segue a unir xeracións.