Cargando resultados...
Un chef sevillano chancéase de dous 'infuencers' que pretendían cear de balde
Os mozos agardaban un menú especial, pero á mesa só chegou un bocadillo de mortadela con olivas
G24.gal
13/12/2024 14:17
Farto das propostas que recibe para publicitar o negocio a cambio dunha comida de balde, o chef Santi Temblador tirou de humor.
Aceptou invitar dous influencers ao seu restaurante de Sevilla e gravouno todo. Os mozos agardaban un menú especial, pero á mesa só chegou un bocadillo de mortadela con olivas.
O momento é viral nas redes.