Veciños de Santiago tiran do humor como protesta polos pivotes da rúa dos Concheiros
Colocaron unha placa funeraria na honra dun pivote arrancado do seu sitio e un cartel para buscalo

No barrio compostelán de San Pedro hai un pivote que xa é todo un símbolo. O pivote sufriu as arremetidas de varios vehículos, e acabou no chan. A veciñanza tira de retranca para deixar en evidencia as dificultades que sofren os condutores e os peóns que circulan a diario por esa zona. Sóbralles humor, tanto que mesmo lle fixeron ao pivote unha placa funeraria na súa honra.
Din que con humor todo se leva moito mellor. E isto mesmo foi o que pensaron veciños do barrio de San Pedro para atopar un dos pivotes máis valorados da rúa Concheiros. Tiran da retranca para mostrar os infinitos golpes que sofre o pobre pivote por parte dos coches e que din que aguanta con moita bravura.