O xulgado exculpa unha das dúas detidas en relación á morte dunha moza no Barco
Queda como única investigada en relación a este crime a que era compañeira de piso da falecida

O Xulgado de Instrución número 1 do Barco sobreseu a causa que pesaba sobre unha das dúas detidas en relación á morte da moza Leticia Sanabria, ocorrida nesta localidade en setembro de 2021.
As acusacións solicitaron que o xulgado arquivase a investigación en relación a esta muller, tendo en conta que as dilixencias practicadas permitían descartar que se atopase na vivenda da vítima a noite dos feitos.
Con esta decisión, sobre esta muller non pesa xa ningunha acusación e queda como única investigada en relación a este crime a que era compañeira de piso da falecida.
Trátase dunha muller de orixe nixeriana que deu a voz de alarma tras atopar supostamente o cadáver. A acusada continúa no cárcere á espera de xuízo.