Cargando resultados...
Ofrecen mil euros de recompensa por localizar un can perdido no Xurés
Unha parella de Redondela leva días buscando o seu can, que desapareceu cando facían unha ruta no Gerês
G24.gal
17/10/2023 19:17
Mil euros de recompensa ofrece unha parella de Redondela por saber o paradoiro do seu can, perdido dende o xoves pasado, cando estaban de excursión no lado portugués do Xurés, que é o Gerês.
Facían o percorrido pola Ruta dos Carrís canda os seus dous cans á altura da fervenza de San Miguel, daquela divisaron unha cabra montesa e os cans botaron a correr atrás dela. Un deles volveu no momento, do outro nada saben dende o xoves.
Chámase Moro, ten dous anos, mestizo de raza pitbull, de cor negra e peito branco. Ten chip, todas as vacinas e leva un colar de pel marrón. Din que non se renden na súa busca, en que participan dende hai días.