Publicador de contidos

Publicador de contidos

Oito anos de cárcere para un avó que agrediu sexualmente a súa neta en Vigo

Oito anos de cárcere para un avó que agrediu sexualmente a súa neta en Vigo

Os feitos aconteceron no 2019 cando a nena tiña 11 anos

O home meteuse na cama da menor e comezou a tocala

G24.gal 23/10/2023 17:24

A Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a oito anos de cárcere un avó por agredir sexualmente á súa neta. Os feitos aconteceron no domicilio familiar en 2019, cando a nena tiña 11 anos.

Segundo quedou probado, o home foi ao cuarto da cativa, cando ela estaba xa na cama, e pediulle que lle deixase deitarse con ela. A pequena accedeu pensando que era para durmir. Foi entón cando comezou a tocala. A nena contoullo despois á súa nai, á súa profesora e á educadora social do centro. 

Ademais da pena de prisión, o tribunal tamén inhabilitou o condenado para o exercicio de calquera profesión ou actividade que implique contacto regular e directo con persoas menores de idade e a aboar á vítima unha indemnización de 6.000 euros polo dano moral sufrido.

A  Fiscalía pedía para o acusado 15 anos de prisión, os mesmos que solicitaba a acusación particular. A sentenza non é firme. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade