Publicador de contidos

Publicador de contidos

Oito graos baixo cero en Xinzo de Limia e en Calvos de Randín

Oito graos baixo cero en Xinzo de Limia e en Calvos de Randín

Esta madrugada caeron na Limia boas xeadas

G24.gal 14/01/2025 14:13

Estamos na semana máis fría do que levamos do inverno e os termómetros caen de madrugada a rexistros mínimos. Boa parte do país amence baixo cero, pero onde máis o fan é na provincia de Ourense.

En Xinzo e Calvos de Randín chegaron aos 8 graos negativos. E Baltar, que onte marcaba a mínima de Galicia, quedou hoxe en cinco graos negativos; os mesmos que en Viana e Verín. Tamén son destacados os valores negativos a carón do mar. En Foz amenceron a un grao baixo cero.

Raia o día na Limia e comeza a verse que caeron unhas boas xeadas, deixando belidas imaxes invernais. E tanto frío, preto das nove da mañá, os termómetros da Aemet rozaban os oito graos baixo cero en Xinzo de Limia, os mesmos en Calvos de Randín. Neste último concello limiao xa tiveron nove graos negativos a fin de ano, en Xinzo si é a temperatura mínima deste inverno. 

Ne feira buscaban hoxe roupa de abrigo. Outros remedios, ademais de amantarse, que dan na Limia para correr o frío, que, como din aquí, estamos no tempo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade