Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os delitos informáticos multiplicáronse por seis en Galicia nun ano

Os delitos informáticos multiplicáronse por seis en Galicia nun ano

Contrasinais complicados e autenticación dobre poñen as cousas máis difíciles aos ciberladróns

Os especialistas recomendan achegarse a Internet cunha desconfianza sa

G24.gal 27/10/2024 14:41 Última actualización 27/10/2024 15:14

No 2022, os ciberdelitos multiplicáronse en Galicia por seis veces e non paran de aumentar. Por iso os especialistas recomendan usar medidas como os contrasinais complicados e especialmente a autenticación dobre.

"Ademais de introducir o contrasinal cando accedes á túa banca electrónica, recibes un código SMS no teu móbil e tes que poñer ese código adicionalmente. É unha segunda opción de seguridade que está dispoñible pero que é opcional, e que moitas veces as persoas usuarias non habilitan", advirte Gustavo Herva, xefe da subárea de Seguridade da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Tamén recomendan moita precaución no uso das redes sociais e de mensaxería.

"Cómpre ser razoablemente escéptico, mesmo cando o remitente dunha mensaxe sexa aparentemente unha persoa coñecida. Se a mensaxe é rara hai que desconfiar", aconsella.

Se o mal xa está feito e os delincuentes tiveron éxito xa só queda reclamar e no peor dos casos, denunciar.

"Se hai algún tipo de impacto económico o recomendable sería acudir ás autoridades pertinentes. Cómpre lembrar que en España dende hai algúns anos hai un número de teléfono, que é o 017, ao que se pode chamar e que ofrece información para estes casos", lembra.

Para evitar sustos en Internet, a Amtega organiza a cuarta edición do Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, que terá lugar en Santiago a principios de novembro para informar a cidadanía de como protexerse nas redes. 

A seguridade total en Internet non é posible, pero pódese aprender a correr menos riscos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade