Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un home confesa a uns axentes en Vigo que cometera un roubo o día antes

Un home confesa a uns axentes en Vigo que cometera un roubo o día antes

O detido admitiu que se entregara porque non quería seguir coa delincuencia, que tiña varias causas xudiciais pendentes e que desexaba ingresar en prisión

G24.gal 15/01/2025 09:38

A Policía Local de Vigo viviu un acontecemento pouco común cando patrullaban en plena madrugada na cidade. Un home achegóuselles e aseguroulles que quería confesar un delito que cometera un día antes. Deulles aos axentes todos os detalles.

O home contoulles que o pasado luns, en Pontevedra, vira como unha muller ía pechar unha tenda de xoguetes na zona da praza de abastos e aproveitou para empurrala dentro do local, tirala ao chan e roubarlle a recadación da caixa rexistradora, uns 100 euros.

Despois de escoitar a confesión, os policías comprobaron que o relato dos feitos coincidía plenamente co episodio denunciado pola vítima e que, ademais, as características físicas e a indumentaria do ladrón, que a vítima detallou na súa declaración, coincidían coa do home que os parara.

Os axentes finalmente detivérono como presunto autor dun delito de roubo con forza. Ademais deste delito, o home de 33 anos tiña unha orde de busca e detención por un xulgado de Ourense.

O detido admitiu que se entregara porque non quería seguir coa delincuencia, que tiña varias causas xudiciais pendentes e que desexaba ingresar en prisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade