Os derrubamentos de terra poñen en risco a circulación por unha estrada de Vila de Cruces
O 112 alertou dun novo corremento na curva do Cruceiro de Aguiar este mércores
Hai anos fíxose un muro de contención na outra banda da estrada para atallar o mesmo problema
Unha brigada de mantemento da Deputación de Pontevedra seguía retirando este xoves a terra caída na tarde o mércores sobre a estrada no Cruceiro de Aguiar, un lugar da parroquia de Fontao, en Vila de Cruces.
Ramón ve como o problema se repite a cada tanto porque vive xusto en fronte. Di que ata hai uns dez anos da súa banda pasaba o mesmo, ata que conseguiu que a Deputación fixera un muro de contención.
Nalgún momento parece que se propuxo a posibilidade de facer outro tanto na banda contraria, pero non chegou a concretarse, e a terra segue caendo, co risco de que os desprendementos vaian a máis.
