Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os galegos estamos á cabeza das compras en liña

Os galegos estamos á cabeza das compras en liña

Neste último trimestre gastamos ao redor de 644 €, fronte aos 580 da media nacional

Tamén somos os máis xenerosos á hora de agasallar

Os galegos dedicamos 5 horas semanais a investigar na Rede antes de comprar
G24.gal 19/12/2024 14:43

Galicia foi a comunidade co maior volume de compras a través da Rede nestes tres últimos meses do ano. Cada persoa mercou arredor de 11 produtos, o que se traduce nunha media de 4 ao mes.

"De cara ao Nadal, se son sincera, pois xa merquei unhas cantas cousas", comenta unha muller.

Un estudo realizado por unha plataforma de comercio electrónico sitúa os galegos tamén entre os que máis gastamos. De media 644 euros, fronte aos 580 do resto dos españois. Estes días as compras son case todas para o Nadal, e tamén nese aspecto somos os máis xenerosos, porque investimos unha media de 54 euros fronte ao 52 do resto.

"Uns 50 euros máis ou menos de media".

 "Sobre 10, 15 euros".

 "Uns 40 euros, máis ou menos".

"50, 100, 150, dependendo do nivel; de media 75, 100 diría eu", comentan na rúa

E a cantas persoas agasallamos? O estudo di que a unha media de 6.

 "5 a 6 persoas".

 "6, 7 persoas".

 "10 teño".

 "8, podemos reducilo a 8 persoas, máis ou menos".

 "6 ou 7 caen seguro".

 "11, 12, 13, 14".

Neste informe tamén se revela que o 85 % dos galegos se decanta por comprar a través de grandes plataformas en liña e dedica unha media de 5 horas semanais a explorar e comparar os produtos antes de darlle ao botón de mercar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade