Cargando resultados...
Os nenos de Allariz tamén corren na festa do boi
As carreiras infantís con animais de mentira serven para adestrarse e tamén provocan algún susto
G24.gal
28/05/2024 22:22
En Allariz xa están metidos de cheo na súa festa máis popular: a do boi.
Comezou a fin de semana pasada, e estes días, entre semana, son os propios veciños da vila os que máis participan.
Durante toda a semana hai carreiras a diario, cos bois sempre amarrados polos homes do sedeño, para evitar accidentes, aínda que non é raro que haxa algún susto.
Para correr o boi convén adestrarse antes, e aquí fano desde pequenos, coas carreiras infantís. Os animais son de mentira, pero a sensación para os cativos é moi real.