Cargando resultados...
Concorrida procesión do Xan de Arzúa en Allariz
Preto de 800 persoas participan na representación, que conmemora as orixes da Festa do Boi
G24.gal
04/06/2023 14:18
Última actualización 04/06/2023 20:03
Os veciños de Allariz están entregados á Festa do Boi. Este domingo, segunda xornada, celebrouse a procesión do Xan de Arzúa, que involucra boa parte da poboación da vila.
Preto de 800 persoas participan na posta en escena desta procesión que evoca a suposta orixe da tradición, hai xa máis de setecentos anos. Conta a historia que Xan de Arzúa era un fidalgo que subiu a lombos dun boi para espantar os xudeus que se mofaban dos cristiáns.
Hoxe é tamén o día dos gremios. Hai unha comida de confraternidade e, xa pola tarde, sae o boi. Queda por diante toda unha semana de festa en Allariz.