Cargando resultados...
Os torneos ‘phygital’ pretenden revolucionar o panorama competitivo dos e-sports
O Galicia en goles estivo presente no Madrid In Game falando cos seus protagonistas

G24.gal
03/06/2023 15:55
O pasado 20 e 21 de maio tivo lugar o Madrid In Game, nun novo recinto habilitado para este tipo de eventos, denominados ‘phygital’ que pretenden integrar os dous mundos, o virtual co real.
Neste caso o torneo estaba centrado no baloncesto, e baseábase nunha competición que combinaba o videoxogo NBA2K 2023 cun 3x3 nunha pista tradicional.
E a sección de deportes electrónicos do Galicia en goles estivo presente nese Madrid Sports Arena falando cos seus protagonistas e organizadores.