Ourense, camiño de converterse en zona azul do planeta
As zonas azuis son lugares en que a poboación ten unha lonxevidade moi alta independentemente dos seus ingresos ou coidados sanitarios

O estilo de vida tranquilo, sen estrés, é un dos factores claves para explicar a lonxevidade dos galegos. Así o asegura un dos fundadores das zonas azuis, Michel Poulin.
Estes días está en Galicia para avanzar no proceso de certificación. Recollen datos de 66 concellos do interior, a maior parte da provincia de Ourense.
Laura Fernández, veciña de Ourense que ten 102 anos: "Eu levántome sobre as dez, ando unha hora en bicicleta e axúdolle á miña filla a facer o que sexa...".
Saír facer a compra coa súa filla e tomar o café completa a rutina diaria desta veciña de Ourense que xa cumpriu os 102 anos.
"Cando camiñas por Ourense ou polas vilas hai moita tranquilidade, case non hai estrés, que é o principal problema da sociedade hoxe en día", comenta Michel Poulain, fundador das Zonas Azuis de Lonxevidade no Planeta.
O estilo de vida, unha alimentación natural, a actividade física ou as relacións sociais están detrás desta lonxevidade. Ademais de entrevistas a centenarios, neste intre os investigadores están a recoller datos de 66 concellos, todos ourensáns agás 6 de Pontevedra e 3 de Lugo.
Se os datos o confirman, Galicia podería converterse na sexta zona azul do planeta pola súa lonxevidade.