Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ourense chega a 38,4 graos e marca a temperatura máxima en España

Ourense chega a 38,4 graos e marca a temperatura máxima en España

Mantense a alerta vermella este martes no interior de Pontevedra

As previsións de MeteoGalicia indican que as altas presións están localizadas ao norte da península ibérica, onde quedarán polo menos ata o mércores

A Caniza. Adrián Irago/Europa Press (Arquivo). A Caniza. Adrián Irago/Europa Press (Arquivo).
G24.gal 21/09/2026 18:17

A cidade de Ourense rexistra este luns a temperatura máis elevada de España, acadando os termómetros os 38,4 graos. Non moi lionxe quedaron os rexistros do concello ourensán de Leiro, con 37 graos, e o pontevedrés de Arbo con 36,5.

Algúns medios mesmo sinalan que a temperatura da cidade das Burgas puido ser a máis alta de Europa nesta xornada.

Nun comunicado, a Xunta informa que para este martes permanecerán activas alertas por episodio de calor nas seguintes zonas isoclimáticas:  no interior de Pontevedra, nivel 3, é dicir, alerta vermella; no nivel 1, alerta amarela, quedan o noroeste, interior e suroeste da Coruña, montaña de Ourense e as Rías Baixas.

As previsións de MeteoGalicia indican que as altas presións están localizadas ao norte da península ibérica, onde quedarán estacionarias polo menos ata o mércores.

Desde esa posición, impedirán que cheguen influencias atlánticas e atraerán aire cálido desde o sur. Isto deixará ceos despexados, vento en calma e temperaturas elevadas nos próximos días.

Recoméndase non facer deporte entre as 13:00 e as 17:00 horas

No que respecta á práctica deportiva, a Xunta, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, suspende este martes a actividade do programa Xogade no exterior entre as 12:00 e as 20:00 horas no interior da provincia de Pontevedra.

A actividade federada autonómica non se suspende, pero recoméndase non realizala entre as 13:00 e as 17:00 horas, coincidindo coas horas de maior calor, excepto nos deportes náuticos e acuáticos, onde non existe esa recomendación.

Así mesmo, recomendan á organización que adapte os horarios de práctica deportiva ás condicións específicas de cada zona, evitando, se é posible, as horas de maior calor e adoptando as medidas preventivas necesarias para minimizar o impacto das altas temperaturas na saúde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade