Podemos propón prohibir as viaxes curtas en avión sempre que haxa alternativa en tren
Francia xa conseguiu autorización europea para prohibir os voos cando a viaxe se poida facer en menos de tres horas en tren
En Galicia iso só sería posible dende Ourense
O avión é o medio de transporte máis contaminante. Emite 285 gramos de CO2 por quilómetro e pasaxeiro fronte aos 14 dun tren.
É por iso que o grupo parlamentario de Unidas Podemos propón prohibir os voos de traxectos curtos, sempre e cando haxa alternativa ferroviaria directa e con frecuencias de menos de catro horas.
"Eu creo que calquera medida que se tome para intentar coidar do mundo pois hai que aceptala e pode ser boa", comenta un usuario de avión.
Un dos argumentos máis esgrimidos a favor da proposta é que non sempre se chega antes viaxando en avión.
"Ao fin e ao cabo se tes que vir unha hora antes, que tes que estar pendente entre que chegas alí, e que por riba non chegas normalmente ao centro da cidade que é o bo ao fin ao cabo dos trens, pois claramente eu opino que é unha boa medida", di unha moza no aeroporto de Santiago.
O Goberno francés xa conseguiu luz verde da Comisión Europea para prohibir os voos curtos dentro do seu territorio sempre e cando a mesma viaxe se poida facer en menos de tres horas en tren. En Galicia iso so se consegue dende Ourense.
Coa rede ferroviaria actual, aquí sería difícil implantar esta proposta.