Polo menos tres mortos e dous feridos nun tiroteo nun luxoso centro comercial de Bangkok
A policía detivo o presunto agresor, un mozo de 14 anos que portaba unha pistola e vestía pantalóns de camuflaxe

Tres persoas morreron e dúas quedaron feridas nun tiroteo rexistrado este martes nun luxoso centro comercial de Bangkok, mentres que o suposto agresor foi detido pola Policía.
O incidente comezou arredor das 16:30, hora local, no centro comercial Siam Paragon, un dos máis populares da urbe e situado nunha das principais avenidas da metrópole.
Tras escoitarse varios disparos, a policía procedeu entón á evacuación do recinto e confirmou o incidente armado a través das redes sociais.
Menos dunha hora despois de que comezase o tiroteo, os oficiais lograron deter e arrestar a sospeitoso. A policía confirmou que se trata dun mozo de 14 anos que portaba unha pistola e vestía pantalóns de camuflaxe.
Centos de persoas saíron correndo polas portas do centro comercial tras escoitarse sons similares a disparos. Polo menos un dos feridos foi trasladado a un hospital por unha ferida de bala nas súas costas, apuntou o centro de emerxencias Erawan.