Cargando resultados...
Prazas esgotadas nos destinos turísticos principais de Galicia
Non quedan pases para visitar este sábado o Pórtico da Gloria e as illas Cíes

G24.gal
16/04/2022 09:43
Se están facendo plans para estes días saiban que algúns dos destinos turísticos con maior atractivo de Galicia teñen case completa a cota de visitas.
Para acceder ao Pórtico da Gloria só quedan algúns pases para o domingo. As entradas tamén son moi limitadas na praia das Catedrais, en Ribadeo.
E para viaxar ás illas Cíes quedan algúns billetes dispoñibles para o domingo. A pasaxe para este sábado xa está completa dende todos os portos: 1.800 prazas en total.