Preocupación en Bóveda pola presenza de cianobacterias no encoro de Vilasouto
Se se detecta contaminación na auga da traída, captarase doutro río
A captación da auga da traída de Bóveda encóntrase no encoro de Vilasouto, no concello veciño do Incio, onde se detectou a presenza de cianobacterias. Polo momento, a auga segue sendo potable, posto que se capta directamente da superficie e non do fondo, pero preocupa que deixe de selo se se prolonga a seca e baixa aínda máis o nivel da presa.
Se continúa a seca e se detecta contaminación na auga da traída, o Concello de Bóveda tería que buscar unha alternativa. En principio, captaríase a auga a partir dunha estación de bombeo no río Viloria, afluente do Xullán.
O encoro de Vilasouto, no río Mao, encóntrase ao 28 por cento da súa capacidade, un cinco por cento menos que hai un ano.