Publicador de contidos

Publicador de contidos

Primeira fin de semana sen luces en Vigo

Primeira fin de semana sen luces en Vigo

Despois de dous meses de luces de Nadal acendidas, Vigo recupera a normalidade

Xa comenzaron a desmontar parte das estruturas que foron o centro de atención de milleiros de persoas

G24.gal 21/01/2023 21:30 Última actualización 21/01/2023 21:36

Así estaba o centro de Vigo no primeiro sábado do ano sen luces. Hai moita xente pero as motivacións para saír son ben diferentes.

Hai máis espazo porque xa comezaron a desmontar parte das estruturas do Nadal e o tráfico regresa ao seu lugar habitual. 

Xa comezaron a desmontar a nora. E espazos que antes estaban ateigados nunha xornada coma a de hoxe, permanecen pechados. Volver á normalidade tamén xera certa nostalxia.

Cando cae a noite, estas son as únicas luces que perduran en Vigo. O alumeado que segue acendido é o desta pista de xeo en Samil. A única atracción do Nadal que continúa aberta ata finais deste mes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade