Deteñen cinco individuos como autores da vaga de roubos en comercios de Santiago
A Policía Nacional detivo cinco persoas tras o asalto a unha lencería situada na rúa Cardeal Payá e un restaurante da Algalia de Abaixo, os últimos locais afectados esta semana na zona vella de Santiago.
Contra as 7 da mañá do martes un empregado dun colexio próximo escoitou o barullo cando o delincuente escachou a porta da lencería de onde levou uns 70 euros e algo de mercadoría. Estes e os anteriores roubos que se perpetraron na zona de Galeras e en Santa Marta nas últimas semanas están aínda en vías de resolverse.
Dende o Nadal, a Policía Nacional puxo en marcha un dispositivo especial, en coordinación coa Local e a colaboración cidadá, que permitiu deter cinco persoas, todas con antecedentes e toxicomanías.
Os roubos seguiron un mesmo patrón, xa que todos actúan sen planificación e con urxencia por conseguir cartos axiña para mercar droga, tal e como explica o inspector Pértega, xefe do Grupo de Atención ao Cidadán da Comisaría de Santiago, polo que se sinala os mesmos autores.
Dende a Policía Nacional agradecen a colaboración cidadá e insisten en pedir que ante calquera sospeita se alerte as forzas de seguridade para que a resposta poida ser inmediata.