Cargando resultados...
Prisión comunicada e sen fianza para o garda civil atrincheirado en Vilagarcía
Na madrugada deste martes encerrouse nun piso cunha muller

G24.gal
11/10/2023 18:42
Última actualización 11/10/2023 19:21
O Xulgado de Instrución Nº2 de Vilagarcía de Arousa decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para o garda civil que este martes se atrincheirou nun piso de Vilagarcía de Arousa cunha muller.
A alarma saltou cando se rompeu a pulseira de control de afastamento que ten que levar por estar acusado de maltrato á súa exparella. Os axentes fixeron varios intentos de negociar para que saíra da casa, pero negouse a berros mentres retransmitía o sucedido nas súas redes.
Tras varias horas de negociación o home acabou saíndo voluntariamente da casa. O xuíz estima que concorre nun delito de quebrantamento e ameazas.