Cargando resultados...
Prisión comunicada e sen fianza para o presunto autor do crime machista de El Rubio
Os axentes levaron o detido á casa onde apareceu morta a súa moza para facer unha reconstrución dos feitos
Este mércores tamén houbo unha concentración no concello para condenar este asasinato

G24.gal
01/03/2023 20:48
Prisión comunicada e sen fianza para o presunto autor do crime machista de El Rubio, en Sevilla.
Así o determinou o maxistrado despois de tomarlle declaración, ademais de ordenar unha reconstrución dos feitos esta mesma tarde.
Axentes da Garda Civil levárono ata a casa en construción, onde atoparon a súa moza de 17 anos cun disparo na cabeza.
Esta tarde tamén houbo unha concentración no concello para condenar este crime e para apoiar os familiares e amigos da rapaza asasinada.