Cargando resultados...
Prisión provisional para o home que acoitelou a súa exmuller en Pontevedra
Está acusado dun delito de intento de homicidio
A vítima quedou ferida de gravidade e permanece hospitalizada

G24.gal
01/05/2023 15:59
A maxistrada do Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra, en funcións de garda, decretou a prisión provisional, comunicada e sen fianza, do detido. Está investigado por un intento de homicidio
O arrestado pasou este luns a disposición xudicial. Estaba detido por acoitelar, supostamente, a súa exmuller. A vítima de 36 anos recibiu coiteladas no pescozo e quedou ferida de gravidade. Foi trasladada ao hospital de Montecelo onde permanece ingresada e está estable.
Os feitos ocorreron en Monte Porreiro. Nun primeiro momento o acusado, de 50 anos, tratou de fuxir pero, finalmente, entregouse voluntariamente na Policía Nacional.