Promóvense en Ourense os viños das catro Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia
Son viños que teñen un vínculo forte co territorio e unha identidade singular
Un proxecto de cooperación dos Grupos de Desenvolvemento Rural e as 15 adegas das IXP promoven estes caldos
Celébrase hoxe en Ourense unha xornada divulgativa sobre os viños das catro Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia. Sumar esforzos entre todas as adegas e darse a coñecer é o obxectivo desta xornada.
Son profesionais da hostalaría e a restauración que están catando os viños das catro IXP: Val do Miño-Ourense, Ribeiras do Morrazo, terra de Barbanza-Iria e Betanzos.
Son viños que teñen un vínculo forte co territorio e unha identidade singular. Esta cata comentada forma parte do proxecto de cooperación dos Grupos de Desenvolvemento Rural e as 15 adegas das IXP que ten como obxectivo promocionar os viños e mellorar a súa comercialización.
A IXP Val do Miño-Ourense é a máis antiga das catro, nace no 1987, son terrazas próximas ao río de 14 concellos ourensáns que presentan condicións moi idóneas para o cultivo da vide. Nas denominacións de orixe o control é máis estrito, faino un Consello Regulador, a IXP é outro selo controlado pola Axencia Galega de Calidade.
Viños de proximidade, de pequenas producións co bo facer vencellado dende antano a cada zona xeográfica.