Queiman varios colectores nunha rúa de Lugo
Os equipos de urxencia conseguiron evitar que as lapas se propagasen aos coches aparcados
Axentes da Policía Local e efectivos dos Bombeiros de Lugo tiveron que empregarse a fondo a pasada madrugada por un incendio en varios colectores, ante o perigo de que o lume se estendese aos coches que estaban estacionados na vía pública.
Os feitos sucederon a pasada madrugada, sobre as 03:00 horas, cando o 112 recibiu aviso de que varios contedores estaban ardendo na rúa Estrada da Granxa, na zona sur da cidade de Lugo. De inmediato, axentes do Grupo Operativo Nocturno e da Unidade de Atestados desprazáronse ao lugar indicado.
Ante o risco, evidente, de que as lapas afectase a algún vehículo estacionado nas inmediacións, os axentes trataron de controlar as chamas co uso dos extintores dos vehículos patrulla e outros facilitados por comunidades de veciños.
Así conseguiron manter o lume baixo control, ata a chegada de dous vehículos dos bombeiros, que lograron sufocalo por completo. Para acabar coas lapas foi necesario cortar o tránsito de vehículos e de peóns.