Publicador de contidos

Publicador de contidos

Reducir a velocidade e pneumáticos en bo estado son os mellores aliados para conducir con chuvia

Reducir a velocidade e pneumáticos en bo estado son os mellores aliados para conducir con chuvia

En estrada molladas débese aumentar a distancia de seguridade 

En caso de aquaplanning débense evitar as reaccións bruscas 

Marta González Salve 14/09/2022 13:27

A combinación chuvia e asfalto é a miúdo escenario de risco de accidente. Ter conta unha serie de precaucións á hora de poñerse ao volante pode axudar a evitalos.

"Hai que limitar a velocidade, aumentar a distancia de seguridade cos vehículos que nos preceden e sobre todo revisar o estado dos pneumáticos que teñan un bo debuxo e unha boa presión".

Porque do estado dos pneumáticos depende a adherencia do vehículo, de aí a importancia de vixiar o seu desgaste.

"O debuxo dos pneumáticos teñen que ter unha medida de 1,6 mm como mínimo".

Medidas que os condutores teñen conta e que xe se deixan notar nos talleres.

Ademais, con chuvia a visibilidade redúcese, polo que os limpaparabrisas e as luces resultan claves.

O xeito de conducir tamén é determinante. En caso de aquaplanning débense evitar as reaccións bruscas.

Condutas ao volante e mantemento do vehículo que axudarán a que conducir con chuvia non supoña un problema.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos