Cargando resultados...
Rescatada na montaña de Casaio unha muller que fracturou a tibia e o peroné
Participaba nunha proba deportiva cando caeu por un desnivel

G24.gal
14/05/2023 18:15
Última actualización 14/05/2023 18:43
A Garda Civil de Montaña tivo que intervir hoxe no rescate dunha muller que participaba nunha proba deportiva en Carballeda de Valdeorras.
A atleta, de 40 anos, caeu por un desnivel duns catro metros e rompeu unha perna, polo que non podía saír polos seus propios medios. Sacárona nunha ambulancia 4x4.
Debido ás dificultades do terreo, ao pé de Pena Trevinca, tiveron que mobilizar tamén o GES e os Bombeiros de Valdeorras.