Cargando resultados...
Rescatan en Pontedeume os cinco tripulantes dun barco que encallou en punta Lousada
Puideron saír coa axuda doutras embarcacións que estaban pola zona e Salvamento remolcou o barco ata o porto de Sada pero afundiuse antes de entrar
G24.gal
25/06/2023 20:52
Última actualización 25/06/2023 21:59
Rescate esta tarde en Pontedeume, preto da praia de Ber, na zona coñecida como punta Lousada. A embarcación bateu contra as rochas e quedou encallada.
Os seus cinco tripulantes foron rescatados rapidamente por outras embarcacións que había no lugar. Salvamento Marítimo encargouse despois de remolcar o barco cara ao porto de Sada, pero as vías de auga que tiña, complicaron a operación e o barco finalmente afundiuse antes de entrar no porto.