Cargando resultados...
Rescatan o corpo sen vida dun home no porto do Berbés, en Vigo
O cadáver estaba aboiando preto do peirao

G24.gal
28/09/2024 23:08
Última actualización 29/09/2024 09:43
A embarcación María Pita de Salvamento Marítimo recuperou na noite do sábado o corpo sen vida dun home que aboiaba no porto do Berbés, no concello de Vigo.
Segundo informa o 112, unha persoa avisou os servizos de emerxencia sobre as 20:30 horas. No operativo tamén participou o Servizo de Gardacostas de Galicia, a Autoridade Portuaria, a Policía Nacional e Local e o 061.
Agora, as forzas de seguridade tentan identificar a persoa e investigan as circunstancias da súa morte.