Cargando resultados...
Rescatan en Ribeira un veleiro á valga que podería estar vinculado co narcotráfico
Sospeitan que a embarcación puido empregarse nunha descarga de droga
O veleiro rescatado. FOTO: Fernando Abralde, concelleiro do mar de Ribeira
G24.gal
15/06/2024 11:47
Última actualización 15/06/2024 13:49
No concello de Ribeira, preto de Aguiño, localizaron a pasada noite un veleiro á valga, sen tripulación e cunha vía de auga. Sospeitan que puideron utilizala para descargar droga.
O barco, de bandeira alemá, estaba practicamente afundido na bocana da ría de Arousa e foi rescatado "in extremis".
Dúas lanchas do Servizo de Vixilancia Aduaneira, co apoio de Salvamento Marítimo e da Cruz Vermella, lograron remolcar a embarcación ata o Club Náutico de Ribeira.
