Publicador de contidos

Publicador de contidos

Restablecida a circulación entre Ribadeo e Xove logo de que un tren descarrilase tras atropelar dous cabalos

Restablecida a circulación entre Ribadeo e Xove logo de que un tren descarrilase tras atropelar dous cabalos

Retiran o tren que descarrilara en Foz tras atopelar dous cabalos

G24.gal 02/01/2025 15:36 Última actualización 03/01/2025 08:07

A circulación ferroviaria entre Ribadeo e Xove xa está restablecida desde este xoves logo de que retirasen en Foz o tren de media distancia que descarrilou a fin de semana pasada tras atropelar dous cabalos.

O tren foi posto de novo da vía coa axuda dun guindastre, traballos que xa ían facerse o pasado luns. Así e todo, atrasáronse polas festividades de Noitevella e Aninovo.

O convoi cubría o traxecto entre Ribadeo e Ferrol, camiño que estes días se realizou cun transporte alternativo por estrada.

O tren descarrilara o pasado 28 de decembro tras atropelar dous cabalos á altura de Vilaronte. Só viaxaban o maquinista e o interventor e non se rexistraron danos persoais. Os animais morreron no sinistro.

Os cabalos pertencían a un veciño de Vilacendoi, unha parroquia a sete quilómetros de Vilaronte. O dono cre que os animais fuxían dalgún perigo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade