Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ribadavia, finalista nun certame cuxo premio é a iluminación de Nadal

Ribadavia, finalista nun certame cuxo premio é a iluminación de Nadal

O certame Xuntos Brillamos Máis, da coñecida marca de bombóns Ferrero Rocher, poñeralle a iluminación de Nadal á localidade gañadora

O concello fixo unha curtametraxe para pedir o voto

G24.gal 06/12/2024 14:40

Últimos días para votar por Ribadavia no concurso Xuntos brillamos máis, dunha recoñecida marca de bombóns. O concello ourensán é un dos dous finalistas dun certame que, amais de recoñecer o gañador como o pobo máis fermoso do Nadal, ten como premio a oportunidade de ser iluminados e decorados pola icónica marca patrocinadora.

Ribadavia, que compite coa localidade alacantina de Biar, nun último esforzo para pedir o voto, acaba de sacar unha divertida curtametraxe con todo o pobo implicado. Quen queira votar pode facelo na web da empresa organizadora do certame.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade