Rusia lanza proxectís contra un reactor nuclear experimental en Kharkiv
No lugar hai 37 pilas de combustible nuclear, polo que se "podería causar unha catástrofe ecolóxica a grande escala"

As autoridades da provincia de Kharkiv en Ucraína, coa capital asediada por Rusia, denuncian este domingo o impacto de proxectís lanzados polas tropas rusas sobre o Centro Nacional de Investigación do Instituto de Física e Tecnoloxía de Kharkiv. Alí hai un reactor nuclear experimental.
Aseguran que houbo disparos con unha lanzadeira de foguetes sobre o edificio onde existe unha instalación de investigación nuclear.
No lugar hai 37 pilas de combustible nuclear que poderían provocar unha catástrofe a grande escala. As autoridades ucraínas xa denunciaron estes feitos. Recompilarán a información para levala ante a Corte Penal Internacional na Haia.