Saír da rutina laboral nas vacacións produce un gran benestar psicolóxico
Segundo un estudo da universidade holandesa de Erasmus de Rotterdam a desconexión do traballo fainos sentir máis felices
As praias das Rías Baixas e os seus paseos notan xa o rebulir do turismo nesta primeira fin de semana de xullo. A combinación domingo, vacacións e sol dan como resultado un benestar psicolóxico ao que moitos chaman felicidade.
O doce pracer de non facer nada, como din os italianos, era o sentimento xeneralizado deste domingo baixo os parasois, na auga ou sobre a area de Samil. Segundo un estudo da universidade holandesa de Erasmus de Rotterdam a desconexión do traballo nas vacacións fainos sentir máis felices.
Pero os investigadores do estudo conclúen tamén que a felicidade non é acumulativa. Volver ás rutinas e ao traballo é volver ás preocupacións. E volver ser algo menos felices. Pero setembro aínda está lonxe. Como di o proverbio, aínda é hoxe.