Cargando resultados...
Samaín pasado por auga en Pontecesures
A chuvia obriga a celebrar a cuberto o concurso de disfraces

G24.gal
28/10/2022 21:29
Última actualización 28/10/2022 21:40
Non estamos no Entroido, pero o Samaín tamén ten os seus disfraces e en Pontecesures, os mellores teñen premio.
O desfile e posterior concurso tiveron que facerse no interior da praza de abastos pola chuvia, que non logrou deslucir nada o colorido e a imaxinación que presentaron os participantes de todas as idades transformados en meigas, demos, trasnos e esqueletos por unhas horas moi divertidas.