Santiago insta á creación da lei autonómica que regule o establecemento da taxa turística
A hostalaría da cidade quere que se concrete a contía e que a recadación reverta en melloras para o sector
A proposición aprobada esta semana no pleno do Concello de Santiago é unha declaración de intencións, unha petición á Administración autonómica para que regule a posta en marcha dun marco legal como o que xa existe en Cataluña ou as Baleares para gravar o turismo.
No texto aprobado polo Concello, que contou co voto a favor de PSdeG, CA e BNG, mentras que o PP abstívose, pídese que se teñan en conta as peculiaridades do turismo existente en Compostela, e ínstase tamén á dar conta desta petición aos grupos con representación na cámara autonómica.
Hai opinións de todo tipo na rúa, tanto a favor como en contra, á epsera de que se concrete a proposta.
Desde o sector hostaleiro aínda non hai unha posición adoptada, á espera da xuntanza que terán a semana que vén cos representantes municipais para obter máis información.
O destino dos fondos e tamén a contía da taxa será, para a maioría dos consultados, a cuestión máis importante a determinar.