Cargando resultados...
Satisfacción pola demolición do esqueleto dun edificio no barrio coruñés do Martinete
Os veciños piden que no soar que quedará libre fagan un parque infantil
G24.gal
19/11/2024 14:17
Emocionados e satisfeitos están os veciños do barrio coruñés do Martinete, porque o enorme esqueleto de ladrillo co que conviven desde hai quince anos ten os seus días contados.
Os operarios xa valaron a zona e este martes á mañá os obreiros afanábanse en baleirar o inmoble para proceder en breve á súa demolición. Unha vella demanda dos veciños, que agora celebran a noticia.
Contan que hai máis dunha década que están nunha angustia porque se converteu nun foco de inseguridade e insalubridade.