Sete feridos por unha explosión de gas nun edificio de Noáin (Navarra)
Cinco persoas foron trasladadas ao hospital e dúas a un centro de saúde
Estableceuse dispositivo de seguridade tras unha primeira explosión sen feridos e logo produciuse unha segunda que esnaquizou parte das vivendas

Unha forte explosión nunhas vivendas da rúa Zabalegui de Noáin (Navarra) ocasionou feridas a varias persoas. Cinco delas foron trasladadas ao hospital e dous a un centro de saúde, segundo informa o 112-SOS Navarra.
Segundo informaron fontes policiais a EFE, a explosión produciuse ás 18:00 horas e puido afectar a entre 10 e 15 vivendas.
A Policía Foral establecera un dispositivo de seguridade por unha fuga de gas e a explosión da caldeira nunha vivenda ás 15:35 horas deste luns, que non causou feridos e si "escasos danos materiais". Posteriormente houbo unha segunda explosión que esnaquizou parte do edificio de vivendas acaroadas.
Na zona atópanse efectivos de bombeiros, ambulancias, Policía Local e Policía Foral.