Simulacro de accidente marítimo en Vigo
120 efectivos participan no dispositivo, entre persoal sanitario, bombeiros, Policía e Garda Civil
É un simulacro, pero podía ser unha situación real.
"É un barco que está traballando no porto de Vigo, facendo unha soldadura no casco dun barco. Unha faísca causa unha explosión e un incendio. Hai varios feridos con queimaduras, intoxicación de fume, traumatismos severos... incluso algún ferido vai saír despedido cara a auga, polo que require poñer en marcha medios acuáticos e aéreos", describe Óscar Estraviz, enfermeiro de emerxencias e coordinador do simulacro.
O exercicio serve para ensaiar todo o dispositivo que se pon en marcha cada vez que hai unha emerxencia. Neste caso, mobilizáronse 120 efectivos, entre persoal sanitario, bombeiros, policía e Garda Civil. A súa coordinación é fundamental para garantir o éxito do dispositivo, sobre todo nos primeiros minutos. É o que se chama a xestión do caos.
Neste accidente simulado hai 30 feridos. O papel dos servizos sanitarios é fundamental. O colectivo leva anos demandando que se recoñeza a xestión das urxencias como unha especialidade. O seu labor é clave para salvar vidas nos momentos máis complicados.