Publicador de contidos

Publicador de contidos

Corta un eucalipto e a súa caída leva por diante dous postes e obriga a cortar unha estrada

Corta un eucalipto e a súa caída leva por diante dous postes e obriga a cortar unha estrada

Ocorreu na estrada provincial DP-3801 que une Sigüeiro e Frades, ao seu paso por Oroso

G24.gal 02/01/2025 13:35 Última actualización 02/01/2025 14:09

A estrada provincial DP-3.801, que une Sigüeiro e Frades, continua pechada despois de que este mércores un eucalipto de grandes dimensións caera sobre dous postes de formigón, un de telefonía e outro de electricidade. A causa, á falta de confirmación por parte das autoridades, foi a súa corta por parte dun veciño na súa propiedade.

De feito, continuaban este xoves os traballos de reparación na parroquia dos Ánxeles, en Oroso, para tratar de restablecer o tráfico na estrada provincial ao seu paso pola localidade. Á altura do quilómetro 12 da DP-3.801 a iluminación pública e os cables de telefonía que colgan agora doutras árbores e que suxeitaban dous grandes postes de formigón seguen obrigando a manter pechado este tramo. 

Os traballadores da compañía eléctrica falaban aínda dalgúns días máis para poder solucionar a incidencia e poder ter novos postes de iluminación. Os condutores vense agora obrigados a dar un pequeno rodeo para pasar por esta zona. A pesar do que di o veciño dono da propiedade onde estaba o eucalipto, dende Protección Civil aseguran que a árbore foi cortada e que todo apunta a iso como causa do accidente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade