Cargando resultados...
Tanxugueiras enfróntanse a Rigoberta Bandini e Rayden na final para ir a Eurovisión
A máis votada polo xurado profesional e o demoscópico mais o televoto foi Rigoberta Bandini, co seu tema "Ay, mamá"
.png)
G24.gal
28/01/2022 08:52
Xa se coñecen os finalistas do Benidorm Fest cos que terán que competir Tanxugueiras na final do sábado para ir a Eurovisión.
A máis votada polo xurado profesional e o demoscópico máis o televoto foi Rigoberta Bandini, co seu tema "Ay, mamá". Canda ela tamén se clasificaron Rayden, Xeinn e Gonzalo Hermida, que se suman aos catro candidatos saídos da semifinal do mércores.
A Televisión de Galicia fará un seguimento especial a través da súa canle de Twich da final en que Tanxugueiras poñen en xogo o pase a Turín.