Cargando resultados...
Todo listo para unha nova edición da Festa da Cachucha este domingo no Carballiño
Unha vintena de restaurantes ofrecerán este manxar para despedir o Entroido
Tamén haberá desfiles de folións, comparsas e charangas e baile na Praza Maior
G24.gal
22/02/2024 20:14
Última actualización 22/02/2024 21:03
Celébrase habitualmente o domingo de Piñata, pero ao coincidir coas eleccións autonómicas este ano adiouse unha semana. Este 25 de febreiro, O Carballiño celebrará unha nova edición da Festa da Cachucha, un dos manxares por excelencia do Entroido, que reúne ao redor da mesa grupos de familiares e amigos.
Nos restaurantes, é case imposible atopar oco dende hai semanas. Desfiles de folións, charangas e comparsas, baile de disfraces e música completarán a celebración gastronómica con que O Carballiño despide ata o ano que vén o entroido.