Contido con Xeográficas .
O Carballiño

Falece un home ao caer por un barranco no Carballiño
20/01/2025 14:23
O particular que alertou do sucedido indicaba que un home caeu por un pequeno barranco en Ponte Veiga e que serían necesarios medios de rescate para acceder á vítima
Unha vez chegaron á zona, os medios só puideron certificar o falecemento da persoa

Preto de trescentos maiores conviven durante o Nadal para combater a soidade
25/12/2024 20:15
As residencias de tempo libre da Xunta en Panxón e O Carballiño acollen o programa Xuntos polo Nadal
Vai dirixido a persoas maiores de 60 anos que vivan soas

Investigan a agresión a un home no Carballiño, que permanece en estado grave
07/12/2024 16:15
Dúas persoas localizaron de madrugada a vítima, de 43 anos, inconsciente na rúa

03/12/2024 17:35
O tribunal entende que a condenada se valeu da confianza que tiña co seu tío, duns 80 anos, para "urdir un engano" co obxectivo de lograr autorización e apoderamento nas súas contas correntes e fondos

O polbo é o novo obxectivo das asociacións animalistas
21/11/2024 16:03
Propoñen que se prohíba a súa captura e venda

Diego García persegue o sétimo partido sen encaixar co Arenteiro
08/11/2024 13:15
Leva seis encontros, 540 minutos coa portería a cero

Denuncian problemas de seguridade nun colexio do Carballiño
16/10/2024 14:22
Pais e profesores do Colexio das Franciscanas do Carballiño levan 15 anos reclamando que os postos da feira deixen libres as entradas e saídas do centro, por se hai unha emerxencia
Para darlle visibilidade á súa demanda, hoxe organizaron un simulacro de evacuación, coincidindo co día de feira

Denuncian falta de medios e de conciencia, tras recoller dous cans abandonados
13/09/2024 09:07
Os cans estaban na estrada que vai do Irixo ao Carballiño, desnutridos e con sarna
Os dous animais recupéranse na canceira da Medela do Carballiño, coa confianza de que aparezan os donos

A Xunta presenta o plan para ampliar o parque empresarial do Carballiño-Maside
04/09/2024 17:54
Unha vez ampliado, ocupará 1,2 millóns de metros cadrados
Alfonso Rueda destacou no acto a importancia de seguir impulsando o desenvolvemento económico da comunidade

A lei do ex condena o Arenteiro fronte á Cultural (0-1)
31/08/2024 21:00
Antón Escobar rematou unha boa falta para marcar ante un dos seus exequipos
Os do Carballiño apuraron as súas opcións pero non perforaron a rede de Bañuz

A Xunta destinará seis millóns de euros para mellorar a tecnificación dos centros de FP
27/08/2024 14:40

Tarsi Aguado, calidade no pivote para o Arenteiro
26/08/2024 21:39
O tudelán de 29 chega do Miedź Legnica da liga polaca
Ten experiencia en España na Cultural Leonesa, no Linense e en canteiras como a do Oviedo, a do Athletic e a do Zaragoza

O Carballiño celebrou a 62 edición da Festa do Polbo
11/08/2024 21:29
Foi o ramo dunha programación ampla de concertos, actividades e degustacións celebradas nos últimos días na localidade ourensá

09/08/2024 13:52
Partes do mural que están tapadas por cal e solicitan limpalo e recuperalo

Xa hai rivais para os equipos galegos de Primeira Federación
23/07/2024 14:12
A competición arrinca o 25 de agosto e rematará o 25 de maio
A tempada agarda 6 'derbis' diferentes, dous deles na xornada 9

Homenaxe ás polbeiras do Carballiño nun sorteo da lotería nacional
10/07/2024 21:04
O décimo do sorteo do xoves 25 de xullo leva a figura da escultura da polbeira obra de Laura Rodríguez
Xa están á venda dende esta semana os décimos do sorteo do Nadal

Prisión para cinco dos oito detidos en Ourense por tráfico de seres humanos
20/06/2024 21:00
Investíganos por delitos relacionados co tráfico de seres humanos, participación en organización criminal e branqueo de capitais
As detencións déronse nas localidades do Carballiño, Ourense, A Coruña e Madrid

Liberadas nove mulleres vítimas dunha rede de explotación sexual que operaba en Galicia
20/06/2024 20:06
A organización captaba as vítimas mediante engano e retiráballes os seus documentos para que non puidesen marchar
A operación rematou con detencións no Carballiño, Ourense, A Coruña e Madrid

O PP do Carballiño defende o pacto para gobernar en coalición co PSdeG
20/06/2024 09:50
O popular Francisco José Castro Gil, que será o novo tenente alcalde, confirma que os edís do PP entrarán no executivo e que xa houbo repartimento de áreas
Circunscribe o acordo ao concello e rexeita as críticas da dirección do PSdeG

O alcalde socialista do Carballiño xustifica o pacto co PP "para poder aprobar orzamentos"
19/06/2024 14:38
Gobernarán en coalición os próximos tres anos, dous co socialista Fumega como alcalde e o último co popular José Castro
Besteiro confirma que abrirán expediente ao alcalde e aos concelleiros socialistas polo acordo co PP

Javi Rey será o novo adestrador da Ponferradina
19/06/2024 12:36
O técnico ourensán farase cargo dos bercianos na vindeira tempada 24/25
Abandona o C. D. Arenteiro, equipo que dirixía desde novembro de 2022 e co que conseguiu o ascenso a Primeira Federación en 2023

O PSdeG avisa que tomará medidas tras desautorizar o pacto do Carballiño
18/06/2024 20:16
O escrito prodúcese despois de que os grupos do PSOE e PP anunciasen un pacto para gobernar O Carballiño en coalición

Varios detidos nunha operación contra o tráfico de persoas e a explotación sexual no Carballiño
18/06/2024 17:48
A operación está baixo segredo de sumario

PSOE e PP selan un pacto para gobernar O Carballiño en coalición
18/06/2024 17:05
O acordo inclúe ceder a alcaldía aos populares un ano
O acordo converte a esta localidade ourensá nunha das poucas onde se deu un pacto entre dúas formacións rivais

'Pensando en ti', da Radio Galega, celebra cos oíntes os seus 28 anos en antena
09/06/2024 22:14
Os presentadores do espazo Marcial Mouzo e Ricardo Saavedra reuniron nunha romaría no Carballiño os seus seguidores

Aloxamentos rurais das comarcas do Carballiño e do Ribeiro únense por un turismo máis sostible
24/05/2024 20:39
A Asociación Novo Rural agrupa 15 casas e xa hai outras tantas interesadas en unirse

A Garda Civil achega o seu traballo aos escolares do Carballiño
10/05/2024 14:16
Distintas unidades da Benemérita compartiron a mañá cos máis pequenos na Praza Maior da vila

O "último baile" de Diego Rivas fai enmudecer Riazor
29/04/2024 15:45
Diego Rivas: "O destino tíñame gardado un agasallo que gocei moitísimo, un merecido último baile"

Unha parella cae ao río Arenteiro ao ceder a varanda da ponte cando estaban sacando unha foto
24/04/2024 13:48
Malia que bateron contra uns penedos, por sorte só sufriron feridas leves e puideron achegarse a urxencias polo seu propio pé
Os asiduos a esta ruta polo Arenteiro denuncian o mal estado en que se atopan todas as infraestruturas

Diego Rivas, adestrador de porteiros do Arenteiro, inscrito para xogar ante o Deportivo
23/04/2024 14:01
O motivo é a baixa de Diego García, e a condición de cedido polo Deportivo de Pablo Brea, que obrigaría o club do Carballiño a pagar unha compensación económica
Xa aconteceu na temporada 87-88, cando o meta marinense Carlos Pereira tivo que poñer as luvas en circunstancias similares

Deteñen unha muller acusada de acoitelar a súa exmoza no Carballiño
12/04/2024 14:43
A presunta agresora fuxiu nun taxi
A vítima pediu axuda na rúa despois de ser agredida nunha perna e nun brazo

Diego García, operado da fractura do tendón de Aquiles, despídese da temporada
09/04/2024 11:22
O porteiro ourensán lesionouse no Estadio Johan Cruyff e estará seis meses de baixa

A Festa do Polbo une O Carballiño coa localidade italiana de Noventa Padovana
05/04/2024 21:09
Ambas multitudinarias e co ánimo de que a celebración transcenda fronteiras

Os catro equipos da 1ª Federación buscarán un pleno de vitorias como na última xornada
29/03/2024 17:40
O Deportivo xoga en Cornellá; o Celta Fortuna, en Tarazona, e o Lugo, en León
O Arenteiro é o único que xoga na casa. Recibe o filial da Real Sociedade.

Marchan dun restaurante do Carballiño sen pagar a conta de 80 euros
27/02/2024 13:37
Eran tres mozos duns vinte anos que botaron dúas horas comendo e bebendo cervexa
A propietaria, Isabel Cabo, di que máis que os cartos doélle a burla, fuxiron á carreira e rindo

Festa da Cachucha e Domingo de Piñata no Carballiño, nunha xornada pasada por auga
25/02/2024 15:14
Máis dunha vintena de restaurantes participan nunha nova edición
A chuvia obrigou a suspender o desfile de folións, comparsas e charangas
Foi polas eleccións que trasladaron o domingo de Piñata e a Festa da Cachucha

Todo listo para unha nova edición da Festa da Cachucha este domingo no Carballiño
22/02/2024 20:14
Unha vintena de restaurantes ofrecerán este manxar para despedir o Entroido
Tamén haberá desfiles de folións, comparsas e charangas e baile na Praza Maior

O exdeportivista Christian Santos reforza o ataque do Arenteiro
06/02/2024 13:46
Álex Vázquez: "Christian Santos é un luxo e vainos dar experiencia"

Ruth Varela: "Casa Pombal é unha casa que soña con ser un niño habitado"
31/01/2024 15:00
É unha vivenda da arquitecta do Carballiño Goretti Díaz
Está pensada para que se poida desmontar e ser trasladada, nun exercicio de sostenibilidade
A fachada é un pano en espesor: a vivenda está montada en altura e afastada da beirarrúa

Miguel Ángel García, corenta anos á fronte da estación meteorolóxica do Carballiño
25/01/2024 21:32
Este profesor xubilado, premio Nacional de Meteoroloxía en 2018, iniciou en 1984 a recollida de datos