Cargando resultados...
Deteñen tres persoas en Cataluña acusadas de organizar festas ilegais na pandemia
Os investigadores aseguran que utilizaban casas turísticas que alugaban e non pagaban e nas que metía entre 300 e 400 persoas

G24.gal
14/04/2022 08:14
Os Mossos d´Esquadra detiveron tres persoas que, presuntamente, se dedicaron a organizar macrofestas ilegais durante as restricións pola pandemia.
Segundo informou a policía catalá, os detidos alugaban casas rurais nunha ducia de comarcas de Cataluña nas que reunían entre 300 e 400 persoas. Cobrábanlles aos asistentes á festa, pero eles non pagaban nin o alugueiro nin os servizos de hostalería. Estímase que defraudarían uns 200.00 euros.
Os tres individuos están acusados de 25 delitos de estafa e falsificación documental. O xuíz deixounos en liberdade en condición de investigados.