Cargando resultados...
Tres días de loito pola morte do mozo que recibiu unha malleira na localidade granadina e Íllora
A vítima de 19 anos morreu despois de que dous mozos lle deran unha malleira pouco antes das 7 da mañá
As festas quedaron suspendidas e organizouse unha concentración de repulsa

G24.gal
15/08/2022 22:21
En Granada, o concello de Íllora decretou esta tarde tres días de loito oficial pola morte violenta dun mozo de 19 anos.
As festas quedaron suspendidas e organizouse unha concentración de repulsa. O rapaz morreu despois de que dous mozos lle deran unha malleira pouco antes das 7 da mañá. A vítima fuxía dunha pelexa no recinto feiral. Pero collérono, déronlle unha malleira e ao caer ao chan, bateu co borde dunha beirarrúa e faleceu.